sobre arquia xestión

Arquigest, S.A., Sociedade Xestora de Institucións de Investimento Colectivo, constituíuse en España como sociedade anónima por un tempo indefinido, o 9 de decembro de 1985 por acordo da Hermandad Nacional de Previsión Social de Arquitectos Superiores y Caja de Arquitectos, S. Coop. de Crédito. O domicilio social está fixado en Barcelona, en Pasaje de Carsi, número 12.

O obxecto social exclusivo da Sociedade é a administración e representación de Institucións de Investimento Colectivo.

A Sociedade administra e ostenta a representación das seguintes Institucións de Investimento Colectivo:

  • ARQUIUNO, FONDO DE INVERSIÓN, foi constituído en Barcelona o 6 de outubro de 1987. Ten o seu domicilio social en Pasaje Carsi 12, Barcelona, 08025. O Fondo encóntrase inscrito no Rexistro de Fondos de Investimento da Comisión Nacional do Mercado de Valores (C.N.M.V.) dende o 13 de xaneiro de 1988 co número 88.
  • FAV-ARQUITECTOS, FONDO DE INVERSIÓN, foi constituído en Barcelona o 2 de decembro de 2002. Ten o seu domicilio social en Pasaje Carsi 12, Barcelona, 08025. O Fondo encóntrase inscrito no Rexistro de Fondos de Investimento da Comisión Nacional do Mercado de Valores (C.N.M.V.) dende o 17 de xaneiro de 2003 co número 2.665.

De conformidade co disposto no artigo 1º da Lei 35/2003, o obxecto social das Institucións de Investimento Colectivo é a captación de fondos, bens ou dereitos do público para xestionalos e investilos en bens, dereitos, valores ou outros instrumentos financeiros, sempre que o rendemento do investidor se estableza en función dos resultados colectivos

A Sociedade é participada ao 49,97% pola Caja de Arquitectos, Sociedad Coop. De Crédito. Por iso, a Sociedade pertence ao Grupo Caja de Arquitectos. E encóntrase inscrita no rexistro de Sociedades Xestoras de IIC da Comisión Nacional do Mercado de Valores (C.N.M.V.) dende o 17 de xuño de 1986, co número 36.